jueves, 9 de julio de 2009

PROPOSTA SOBRE OS PROCESOS CONGRESUAIS PROVINCIAIS

A corrente trasladou ao Comité Nacional do PSdeG celebrado a sábado 4 de xullo de 2009 a seguinte proposta respecto dos procesos congresuais provinciais.


Presentase una oportunidade única para que o Partido inicie o proceso proposto polo Secretario Xeral de aumentar as cotas de participación d@s militantes de base.

Dicía o Compañeiro Pachi Vázquez en datas previas ao Congreso Extraordinario de marzo que “O Partido Socialista non é nada sen os cidadáns. O Partido Socialista non ten sentido sen a sociedade á que quere servir.”

Quedou patente, daquela que @s militantes de base son a correa de transmisión, en dobre dirección, que comunica o sentir da cidadanía co partido; e que é preciso, por elo, que se active a súa participación na vida orgánica e na toma de decisións, deixando de ser simple man de obra voluntaria; o noso Secretario Xeral dicía: A nosa militancia ten sede de participación, de que a escoiten e nos cremos que son estes procesos os máis axeitados para abrir novas vías de participación para que as bases sexan escoitadas.

Se a fortaleza deste partido está en cada un de nós, en cada compañeir@ chegou o momento de que as delegacións deixen de ser tuteladas polas agrupacións locais e as listas de delegados sexan abertas en aras do exercicio democrático, e confiando nos criterios persoais de cada un d@s membros das bases deste Partido.

Se o Comité Nacional Galego está capacitado para interpretar as normas Federais, como xa se fixo en ocasións anteriores, por exemplo ao suprimir a posibilidade da emisión dun voto negativo no caso da presentación dunha única candidatura, agora o Comité Nacional pode ampliar a capacidade democrática da elección de delegados decidindo que calquera militante pode presentarse nunha lista aberta, sendo elixid@s @s que reciban un meirande número de votos.

Por outra banda, suxerimos ao Comité que se recomende, ás Agrupacións locais, que os cargos orgánicos faciliten o acceso d@s militantes de base ás delegacións para os Congreso Provinciais sen que presenten “candidaturas oficialistas”. E do mesmo xeito, os membros das Executivas, por unha vez, cedan o seu dereito a participar como delegados aos compañeiros que teñen menos oportunidades de ser escoitados e actuar na vida orgánica do partido.

Si desexamos unha militancia activa e formada ten que ter oportunidade para exercitarse nestas tarefas, que de cotío son acaparadas por compañeiros que xa ostentan algún cargo orgánico ou público.

Concretando Izquierda Socialista propón que nos procesos congresuais provinciais:

  • As listas sexan de carácter aberto para facilitar a participación.

  • Que os cargos orgánicos e públicos deste partido teñan a deferencia de ceder aos militantes de base o seu dereito a ser delegados neste proceso.

  • E que sexa o PSdeG-PSOE quen abra o camiño para que estes procedementos de listaxes abertas sexan recollidos nos estatutos federais cando chegue o momento.